HISTORIA


ASOCIACION CABALEIROS DO DEZA


Esta xurde dun grupo de amigos que compartian unha mesma aficion, a equitación. Foi constituida como tal o tres de febreiro de mil novecentos noventa e seis. Xa por aquel entón contaba con sesenta e un socios, na actualidade ronda os cento cincuenta .
As actividades que realiza desde o seu comenzo son as seguintes:
- Contratacion de servizos en conxunto(polizas de seguro,compras de forraxes, negociación de prezos ...)
- Organización en colaboración co Concello de Lalin da xa tradicional FEIRA DO CABALO que este ano 2010 celebrará a sua XXII edicion e é unha das mais coñecidas do ambito nacional.
- Organización doutros eventos como a ben coñecida ruta a Zobra,
rutas Xacobeas, raids .....

- Promoción da equitacion entre tódolos dezanos.
- Xestión do Clube Hípico JUAN OLIVEIRA